O Cafés Candelas supera tódalas dificultades e vence con autoridade ao Palencia (74-85)

Compartir con

Vitoria de moito valor do equipo celeste en Palencia no que non so se superou con solvencia a un dos grandes equipos da competición. Tamén deixou atrás unha semana para esquecer, con lesións, procesos víricos e o vento en contra para afrontar unha cita moi complexa. Pero este Breogán é experto en superar dificultades e demostrouno unha vez máis vencendo e dominando de principio a fin nunha pista tan complicada como a do Marta Domínguez. ESTATÍSTICAS

O Cafés Candelas supera tódalas dificultades e vence con autoridade ao Palencia (74-85)

Sen Matulionis, con homes importantes como Dani López, Wright, Rakocevic ou Nelson mermados por procesos víricos e molestias físicas que fixeron dubidar da participación dalgún deles  ata intres antes do partido, o Cafés Candelas Breogán tirou de raza, fe e bo baloncesto durante moitos minutos para sumar o segundo trunfo en dous partidos neste duro arranque de tempada.

Mamadou Samb con 17 puntos e 6 rebotes foi o xogador máis valorado  do encontro, ben acompañado por Sergio Llorente con 18 puntos, 3 rebotes e 3 asistencias, Dani López con 15 puntos, Fede Ucles (8 puntos e 7 rebotes), Travis Nelson (8 puntos, 6 rebotes e 2 tapóns), Rakocevic (7 puntos), Wright (5 puntos,3 rebotes), Álex López (4 puntos, 3 rebotes 3 2 asistencias) e Howard (3 puntos e 4 rebotes).

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información