01/07/2010
Haz click sobre la imagen para ampliarla
Ao longo da tarde do xoves, o Consello de Administración do CB Breogán realizou unha ampla reunión con representantes das principais asociacións empresariais, comerciais e hostaleiras de Lugo. O balance foi moi satisfactorio para tódalas partes. Antón Bao agradeceu a participación dos asistentes e recibiu tamén o agradecemento por parte de aqueles por contar con eles para o proxecto social e deportivo Breoganista.
O Consello de Administración celeste ao completo mantivo un encontro con Eduardo Núñez Torrón, vicepresidente de la Cámara de Comercio; o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López; o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), Cheché Real;
Ángel López Lugilde Presidente de la Asociación de Empresarios del Polígono de O Ceao, e o presidente de la Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas.
Da xuntanza saíu o compromiso de elaborar un catálogo de posibles colaboracións para adaptalas ás posibilidades de cada empresa colaboradora, no que terán cabida dende a Fundación BALOGAL para o deporte base e actividade social, e a propia Sociedade Anónima Deportiva. O órgano reitor do Breogán reiterou o ofrecemento para que empresarios se unan ao Consello de Administración e mesmo a posibilidade de que, co respaldo de todos, algún deles poida asumir a presidencia do proxecto.
Antón Bao e o resto do Consello expresaron a idea de que o proxecto está máis aberto que nunca, que ninguén se debe sentir fora dun Breogán que debe ser de todos.
O Vicepresidente Primeiro da Deputación agradeceu a asistencia dos representantes dos sectores empresariais: «estamos moi agradecidos pola resposta e seguiremos establecendo contactos para que o Breogán sexa un proxecto de todos».
Os representantes empresariais tamén agradeceron aos membros do Consello o feito de ter dado o paso de contar con eles e facelos partícipes do futuro do Breogán cun proxecto social e atractivo para todos, especialmente para as familias, que tradicionalmente acoden de xeito moi representativo ás gradas do Pazo cada sábado.
Reunión extraordinaria de Consello
Finalizada a rolda de contactos con representantes empresariais, o Consello de Administración realizou unha xuntanza para abordar outros temas de xestión da entidade. Desa reunión saíu o compromiso de tomar, dende xa, decisións para comezar a conformar o plantel deportivo de cara á temporada 2010/2011. Nos próximos días podería haber novas relacionadas con esa parcela.
El próximo sábado, en Lugo, se celebrará una de las pruebas del exitoso circuito de carreras populares Corre Con Nós organizado por el Concello de...
Al equipo lucense no se le da bien el Lobe Huesca. Tres derrotas en las dos últimas temporadas en Liga y una victoria en pretemporada es el balance d...
| Patrocinadores | CB Breogán | RSS | ||
|---|---|---|---|---|
® CBBREOGAN.COM | L.O.P.D. | L.S.S.I | NOTAS LEGALES | MAPA WEB |