O presidente do CB Breogán confirma o achegamento aos clubes da provincia de Lugo

Compartir con

Antonio Veiga reiterou en rolda de prensa que o CB Breogán traballa en liñas de achegamento e colaboración con tódolos clubes de baloncesto da provincia de Lugo, facendo especial fincapé en aqueles que traballan co baloncesto base e desenvolven un importante traballo de formación no deporte da canastra.

O presidente do CB Breogán confirma o achegamento aos clubes da provincia de Lugo

É un primeiro paso dun proxecto de achegamento que irá avanzando ao longo de toda a tempada con diferentes liñas de colaboración.
O Presidente do CB Breogán estivo acompañado por Lisardo Gómez, adestrador do Ribeira Sacra que reiterou o compromiso do plantel de traballar cos clubes da provincia en todo aquelo que sexa posible polo ben do baloncesto.

No que vai de tempada, o CB Breogán xa deu os primeiros pasos nesa colaboración con diversos clubes, como no caso de Ría de Ribadeo ou Val de Lemos, onde os xogadores de base xa compartiron pista cos profesionais celestes. A intencion do Breogán é que esta liña de traballo continúe e se intensifique durante o curso deportivo.

O CB Breogán, coa colaboración da delegación lucense da Federación Galega de Baloncesto, convida a tódolos xogadores menores de 18 anos da provincia ao encontro do sábado 4 de outubro no Pazo entre o Ribeira Sacra Breogán e o Ford Burgos (19:15 horas). As invitacións foron enviadas aos diferetes clubes.

AUDIO

 

Antonio veiga presentación colaboración con clubes da Provincia de Lugo.mp3

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información