O Ribeira Sacra Breogán cae no Pazo ante Planasa Navarra (63-72)

Compartir con

Oportunidade perdida a do equipo celeste para facerse co liderado en solitario. O conxunto lucense chegou a dominar no electrónico durante moitos minutos, pero un desastroso derradeiro cuarto, rematou coa esperanza lucense. AUDIO LISARDO GÓMEZ AUDIO SERGIO LAMUA

Foto: PatMuñoz
Foto: PatMuñoz

O Planasa comezou máis entoado o partido que os lucenses chegando a ao final do primeiro cuarto con 20-22 no electrónico. As baixas no equipo celeste limitaban as opcións do equipo, pero o Ribeira Sacra lograba facerse co mando do encontro nos dous seguintes cuartos (19-14 e 16-10). Ao final do terceiro cuarto, os celestes dominaban  por nove puntos (55-46). Pero a sorte e o bo xogo non acompañou ao equipo no tramo decisivo. Van Wijk sufría un percance no  xoenllo e Sergio Sánchez unha contractura nas costas, o que se sumaba ás baixas de Llorca e Samb, e a participación mermada de Chapela e Dani López, que finalmente puido xogar entre algodóns ao descartase a rotura  muscular nunha proba realizada xusto antes do encontro.
O Breogán quedo usen ideas e a falta de confianza ante as baixas pesou demasiado. O Planasa creu no triunfo e un destacado Pablo Almazán, con dúas triplas no momento decisivo, deu a vitoria  aos navarros.
Matulionis con 12puntos, Mc Ghee con 11 e 9 rebotes, e Sergio Sánchez e Mortellaro con 10 puntos, foron os destacados do Ribeira Sacra.
Toca recuperar aos lesionados e pensar na cita copeira do vindeiro venres en Palencia.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información