Partido igualado a pesar do marcador final e espectáculo na grada do Pazo unha vez máis. O Equipo celeste da o primeiro paso na semifinal ante un duro Mywigo Valladolid (80-65). Álex Llorca foi o máis destacado con 21 puntos, 6 rebotes, 6 asistencias e 29 de valoración. Tamén destacou Samb con 19 puntos e 5 rebotes,e un impecable Mortellaro con 11 puntos sen fallo, 2 tapóns, 2 rebotes e 1 asistencia para rematar con 17 puntos de valoración. ESTATÍSTICA
O Equipo ten un novo reto o domingo no Pazo ás 18:45 horas no segundo encontro de semifinal.