O Ribeira Sacra Breogán espera a final da Copa xa en Palencia

Compartir con

O equipo celeste xa se prepara na cidade que acolle a Copa Príncipe 2015. O equipo espera aos seus siareiros que,seguro,deixaranse oír no Marta Domínguez.

O Ribeira Sacra Breogán espera a final da Copa xa en Palencia
O Ribeira Sacra Breogán espera a final da Copa xa en Palencia
O Ribeira Sacra Breogán espera a final da Copa xa en Palencia
O Ribeira Sacra Breogán espera a final da Copa xa en Palencia
O Ribeira Sacra Breogán espera a final da Copa xa en Palencia
O Ribeira Sacra Breogán espera a final da Copa xa en Palencia

O equipo viaxou a Palencia a tarde do xoves tras un adestramento matinal en Lugo. Algo máis de catro horas de estrada na que  os  xogadores e técnicos  aproveitaron para ler, ver alguna película ou partido nos seus ordenadores e tablets, xogar ás cartas, charlar, e mesmo traballar no caso dos técnicos.

A viaxe desenvolveuse con normalidade a pesar das adversidade meteorolóxica: non cesou de  chover en todo o traxecto,  nalgún intre con forza.

Tras chegar ao hotel e acomodarse nas habitacións os xogadores e corpo técnico cearon no reataurante do mesmo  hotel, onde recibiron a visita dunha fotógrafo da prensa local de Palencia, -que está a realizar un importante seguimento do evento da Copa Príncipe 2015-. 

No mesmo hotel, o Breo coincidiu tamén con persoal de Federación e de televisión, co que puideron charlar e comprobar que xa teñen todo  preparado no Marta Dominguez para o desenvolvemento dunha final atractiva como a  de este venres (21:15horas en TeleDeporte).

A asistencia de máis dun cento de seareiros un venres a un partido que esixe horas de estrada, é un tema moi presente, valorado e  comentado polas persoas  coas que piuidemos falar. Espérase un pavillón completamente cheo e unha zona do mesmo dando  colorido celeste á final.

Xa de regreso ás habitacións, turno para que a fisio do equipo, Belén Díaz, continúe coa súa importante labor de recuperación cos lesionados. Busca acurtas os prazos.Padiola na habitación e desfile de xogadores: Chapela, Llorca, Sergio, Dani… e noutra habitación,bañeira chea de auga con xeo,onde algún sufre  cos baños fríos  que axudan á recuperación.

O equipo ocupa practicamente un andar  do hotel, polo que as habitacións permanecen case todo o tempo abertas e os xogadores  comparten charla, algún xogo, falan coas familias por teléfono, etc.

Non falta a  atención telefónica á prensa. Programas de radio nocturnos e xornais  entrevistan a xogadores e adestrador.

A maioría dos  membros do equipo contarán con familiares no Marta Dominguez. Algúns deles viaxarán no autobús dos  seareiros que sae este venres ás 15:45 horas  do Pazo directo a Palencia para apoiar ao equipo.

Antes de marchar a descansar, o delegado, Fran de Andrés, informa a todos os membros do  equipo dos horarios previstos para  erguerse, almorzar, e saída do bus cara o Marta Dominguez para unha sesión de tiro pola mañá. Tamén haberá vídeo e charla antes da grande cita.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información