O Ribeira Sacra Breogán incorpora a Devin Wright

Compartir con

O club celeste chegou a un acordo para que o xogador lucense Devin Noel Wright Rodríguez forme parte do plantel na tempada 2015/2016. Devin Wright é un pívot de 2,01 m. nado na cidade das murallas o 5 de outubro de 1986 e saído das categorías inferiores do baloncesto lucense e que as dúas últimas campañas xogou no Melilla Baloncesto.

Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz

O Xogador pasou, tras saír das categorías de formación do Sagrado Corazón de Lugo, por categorías inferiores co CAI Zaragoza ou CB Granada ata chegar a ser peza importante en Andorra e Melilla nas últimas campañas.

Wright é un pívot físico con mobilidade, espectacular no xogo e con capacidade reboteadora e de intimidación. O xogador, fillo do lembrado xogador breoganista  Jimmy Wright, foi mellorando ano a ano as súas prestacións ata ser un dos mellores pivotes nacionais da categoría.

Para o adestrador do Breogán, Lisardo Gómez, Wright «Ven demostrando que é un xogador en constante mellora que foi gañando calidade no apartado ofensivo sen deixar de ser un dos mellores defensores e intimidadores da categoría. É un xogador que pode acoplarse á perfección a diferentes configuracións de xogo interior compartindo pista con xogadores de diversos perfís. Trátase dun xogador que interesou ao Breogán nas últimas campañas e é unha satisfacción poder contar con él, tamén como lucense, vestido de celeste».

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información