O Ribeira Sacra Breogán non estará só en Oviedo

Compartir con

O clube asturiano reserva 50 entradas en taquilla para a Marea Celeste Os interesados en viaxar a animar ao Breogán en Oviedo o vindeiro sábado 11 de outubro ás 19:30 horas en Pumarín, poden chamar ao 982231050 para reservar unha das 50 entradas que o clube asturiano asegura para os afeccionados celestes debido ao limitado aforo de Pumarín.

O Ribeira Sacra Breogán non estará só en Oviedo

As peñas breoganistas Embreogados y Peña Breogán xa confirmaron que acompañarán ao equipo nesta primeira saída da tempada.

Os prezos facilitados polo Oviedo baloncesto son de 12€ para mayores de 23 anos, 9€ entre 18 e 22 anos, 6€ entre 12 e 17 anos e 4€ hasta 12 anos de idade.

As persoas que se anoten terán que presentar o DNI na taquilla de Pumarín para retirar a entrada reservada.

Por outra banda, a Peña Embreogados está a organizar un desprazamento en bus para asistir ao encontro. Os interesados poden informarse no facebook da peña.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información