O Ribeira Sacra Breogán vence ante un Pazo espectacular (91-75)

Compartir con

Ambiente de gala no Pazo na primeira cita do play off e vitoria crucial para o equipo lucense ante un gran Palencia. Llorca con 18 puntos foi o máximo anotador do Breo pero foi un partido de equipo con aportacións importantes e moi repartidas entre todo plantel. ESTATÍSTICA

Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz

O Breogán realizou un traballo incansable de desgaste sobre o rival con intensidade en tódalas liñas e traballo duro en tódolos aspectos do xogo.

O Palencia aguantou e mesmo foi por diante no electrónico nos primeiros cuartos, sempre con pequenas vantaxes. Pero a saída tralo descanso do Breo foi providencial. Con tódolos afectivos a un grande nivel de intensidade e co apoio do Pazo, o equipo celeste foi ampliando vantaxes ata o final nun partido dos que fan afección.

Llorca (18 puntos), Matulonis (17) e DaniLo (13)foron os mellores no plano ofensivo aínda que a anotación foi moi repartida. Mención especial merece o partido de Mortellaro, impecable en tódolos aspectos do xogo e que rematou con 17 puntos de valoración.

O encontro estivo parado durante bastantes minutos debido á lesión dun dos árbitros do choque, que foi substituído.

O Ribeira Sacra visitará Palencia o vindeiro martes onde buscará sentenciar a eliminatoria (21:00 horas)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información