O Ribeira Sacra Breogán vence ao Melilla Baloncesto no Pazo (86-74)

Compartir con

Trunfo importante para o equipo lucense que mantén as súas opción de loitar por todo na liga a falta de sete xornadas. Os homes de Lisardo superaron momentos malos ante un bo Melilla e souperon rematar un partido difícil cunha vitoria diante dun Pazo con grande ambiente na grada. ESTATÍSTICA

Matulionis finaliza unha contra cun mate espectacular. Foto: Pat Muñoz
Matulionis finaliza unha contra cun mate espectacular. Foto: Pat Muñoz

O Ribeira Sacra saía entoado no arranque do partido acadando as primeiras vantaxes. Pero os celestes non lograban ser regulares no inicio e o Melilla equilibraba o marcador nunha primeira parte de altibaixos (37-34 ao descanso).

A segunda parte foi tamén de alternativas ata que o Breogán foi gañando consitencia con un bo Mc Ghee na pintura que rematou o partido cun dobre- dobre (17puntos e 10 rebotes).

Os lucenses sentenciaron cuns minutos finais intensos e nos que superaron ao seu rival coa axuda dun Pazo que rexistrou unha moi boa entrada.

Trunfo importante ante un dos grandes equipos da categoría.

O próximo compromiso do Ribeira Sacra será o vindeiro sábado 7 de marzo ás 18:00 horas ante o Clínicas Rincón.

 

ESTATÍSTICA

FINAL.pdf

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información