O Ribeira Sacra Breogán vence e convence no Pazo (80-62)

Compartir con

O equipo celeste superou con claridade ao Mywigo Valladolid nun Pazo que gozou co seu equipo ata o final. Bo debut do Mc Ghee que deixou pinceladas do que pode aportar ao equipo, e gran partido de Edwards. ESTATÍSTICA

Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz

O inicio foi celeste cun parcial de 12-2, pero o Valladolid equilibrou o encontro no segundo cuarto, o máis frouxo dos breoganistas, e se chegaba a o intermedio con igualdade total no marcador (26-26).
Tras o descanso o Ribeira Sacra deu un recital de baloncesto que incluía un parcial de 17-0 no terceiro cuarto  o que foi definitivo para  asegurar unha vitoria moi importante para seguir loitando por todo na competición (80-62).
Destacou o bo partido de Breandon Edwards (19 puntos,6 rebotes, 2 asistencias, 3 recuperacións e 2 tapóns para 25 puntos de valoración). Tamén destacaron na anotación Samb con 15 puntos e Llorca con 11, e as 11 asistencias de Dani López  ou os 7 rebotes de Matulionis.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información