O Ribeira Sacra Breogán vence en Prat e xogará a Copa Príncipe

Compartir con

O equipo celeste sumou a súa décima vitoria da tempada nun novo encontro cheo de emoción ao que houbo que sumar a dos partidos que se xogaban noutras canchas entre implicados na loita pola copa. Finalmente a vitoria dos de Lisardo Gómez (83-86), e a derrota in extremis do COB en Navarra (80-76),deron o pasaporte para a Copa Príncipe ao Ribeira Sacra que buscará reeditar o seu título de 2008 esta vez na cancha do Palencia Baloncesto.

O Ribeira Sacra Breogán vence en Prat e xogará a Copa Príncipe

O encontro de Prat foi moi igualado con moitos altibaixos no xogo dos lucenses que chegaron ao descanso con empate no electrónico (38-38). O terceiro cuarto foi para  os lucenses (19-27)  con destacadas actuacións de  Mamadou Samb e Dani López. Precisamente o base tomou o control do encontro cando o Prat reaccionou preto do final, pero o salmantino, con 31 (22 puntos, 7 asistencias) de valoración, foi imparable e determinante para lograr a décima vitoria celeste.
A Copa Príncipe  está sinalada no calendario de FEB para o venres 30 de xaneiro e se xogará no Marta Domínguez co Palencia como anfitrión.
O próximo compromiso dos celestes será o vindeiro domingo 4 de xaneiro ás 19:00 horas en Burgos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información