O Ribeira sacra Breogán visitou Monforte de Lemos

Compartir con

A cidade de Monforte de Lemos, situada en plena Ribeira Sacra, recibiu a visita do equipo o competo acompañado polo presidente, Antonio Veiga. O plantel foi recibido casa do concello, visitou algúns dos enclaves principias da cidade, coñeceu a importancia da cultura do viño na Ribeira Sacra e adestrou coa canteira do clube local. GALERÍA DE FOTOS

O Ribeira sacra Breogán visitou Monforte de Lemos
O Ribeira sacra Breogán visitou Monforte de Lemos
O Ribeira sacra Breogán visitou Monforte de Lemos
O Ribeira sacra Breogán visitou Monforte de Lemos
O Ribeira sacra Breogán visitou Monforte de Lemos
O Ribeira sacra Breogán visitou Monforte de Lemos
O Ribeira sacra Breogán visitou Monforte de Lemos

A media mañá do martes 23 de de setembro o equipo ao competo acompañado polo presidente, Antonio Veiga, foi recibido na casa do Concello de Monforte de Lemos polo seu alcalde, Severino Rodríguez, que desexou sorte ao Breogán na competición e agradeceu a visita e o seu trabalo por promover o deporte entre a xuventude de Monforte de Lemos -como foi o caso da xornada- e do resto da provincia. O rexedor agradeceu o feito de que o Breogán leve o nome da Ribeira Sacra como mostra do apoio a candidatura a Patrimonio da Humanidade.
Pola súa banda, o presidente Antonio Veiga, deu as grazas polo recibimento e amosouse satisfeito de que o Breogán poida apoiar a causas como a promoción do deporte en toda a provincia, traballando con tódolos clubes que sexa posible, e por aportar o seu grao de area á iniciativa de proclamar a Ribeira sacra Patrimonio da Humanidade.

O adestrador, Lisardo Gómez, que recibiu de mans do alcalde un agasallo do concello, prometeu esforzarse ao máximo para que o Breogán sexa un referente para a tódolos equipos que traballan pola base.

Tras visitar a casa do concello, o equipo coñeceu algunhas das rúas máis céntricas da cidade de Monforte, e visitou o Centro do Viño da Ribeira Sacra, onde coñeceu, grazas a unha completa visita guiada, a importancia da cultura do viño na zona. O plantel realizou unha sesión de fotografías no emblemático edificio que alberga o museo e tódolos membros do equipo deixaron o seu nome no libro de sinaturas que apoia a proclamación da Ribeira sacra como Patrimonio da Humanidade.

Tras unha agradable comida no mesmo Centro do Viño, xogadores e técnicos coñeceron a Torre da Homenaxe, situada no monte de San Vicente, e o Parador de Turismo. As construccións, de orixe medieval, ademais do seu interese arquitectónico e artístico, ofrecen unhas vistas espectaculares do Val de Lemos, o que os membros do equipo aproveitaron para realizar numerosas fotografías.

Tras a visita chegou o momento de compartir pista no Pavillón de A Pinguela, con rapaces e rapazas do CB Val de Lemos e escolares que se achegaron para xogar, fotografarse e conseguir algunha sinatura dos xogadores e técnicos.

A xornada finalizaba cunha foto de familia cos xogadores do club local e co regreso a Lugo tras unha xornada inesquecible.

Dende o CB Breogán agradecemos ao Concello de Monforte de Lemos, ao CB Val de Lemos e ao Centro do Viño o recibimento. Moitos xogadores e técnicos confesaron que a visita significou un agradable descubrimento e prometeron volver nalgunha acompañados das súas familias.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información