Osvaldas Matulionis, baixa por lesión

Compartir con

O xogador do Cafés Candelas sofre unha rotura parcial do músculo vasto intermedio do cuadríceps da perna dereita que o manterá lonxe das canchas, sempre dependendo a evolución, por un prazo de entre tres e catro semanas. O xogador, que non viaxará a Palencia, xa traballa coa fisioterapeuta e o preparador físico do club para acelerar a súa recuperación.

Osvaldas Matulionis, baixa por lesión

Ademais da baixa de Matulionis, o equipo sufriu unha semana precaria en canto ao estado físico de varios dos seus membros. Travis Nelson non  completou parte das sesións xa que se recupera dunha luxación nun dedo e Rakocevic e Howard pasaron por procesos gripais. Aínda así só será Matulionis o que non suba ao autocar do equipo a Palencia.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información