Pep Ortega, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O equipo celeste chegou a un acordo para que o ala-pívot de 2,01 e 31 anos Josep Ortega Rubio “Pep” se incorpore ao conxunto lucense. Pep Ortega é un xogador con ampla experiencia que destaca pola súa versatilidade e variedade de recursos dende a súa posición de ala-pívot.

Pep Ortega, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

Xogador de raza, grande reboteador tanto en ataque como en defensa, Pep Ortega xoga con facilidade tanto  no poste baixo como encarando ao seu par e dispón dun bo tiro, incluso dende longa distancia.

A nivel defensivo é un xogador moi activo e agresivo, sendo quen de defender a xogadores de diferentes posicións.

O xogador chega a Lugo tras finalizar o seu paso pola liga francesa onde tivo un contrato temporal co Aix-Maurienne Savoie Basket.

Pep Ortega.pdf

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información