Pequenos corazóns celestes como o de Noa axudarán a encher o Pazo

Compartir con

Preparábanse Dani López e Lisardo Gómez a baixar dende as oficinas do Pazo cara a sala de prensa cando se toparon con Noa e a súa familia. A nai da nena contou ao xogador e o adestrador cómo a familia cambiou os seus plans de facer unha pequena viaxe na ponte deste día un de maio. ¿O motivo? Noa e o seu pequeno irmán Mikel, decatáronse de que xoga o Breo no Pazo. AUDIO DANILO

Os máis novos nunca fallan nas citas co Breo Foto: Pat Muñoz
Os máis novos nunca fallan nas citas co Breo Foto: Pat Muñoz

Noa non ten mais de sete anos pero é unha breoganista incondicional e xa arrastra no seu sentimento ao seu irmán menor Mikel,  e entre os dous, convenceron aos  país para quedar en Lugo e animar ao seu equipo o venres. 

A anécdota contábaa Dani López en sala de prensa (audio), e é unha pequena mostra de que o Breo ten algo especial, e de que o breoganismo que medra nos corazóns dos miúdos fai medrar a Marea Celeste.  Pequenas historias como a de Noa sumarán para que o Breo nunca camiñe so. Grazas!!

Dani López as vacacións de Noa.mp3

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información