Presentado o acordo para colaborar cos clubs da provincia de Lugo

Compartir con

O CB Breogán segue avanzando no seu propósito de establecer lazos coas entidades baloncestísitcas da provincia de Lugo. O presidente, Antonio Veiga, o vicepresidente da FEGABA, José Manuel Villamaría, e o director xeral de Caixa Rural, -entidade patrocinadora-, Jesús Méndez, presentaron o acordo que inclúe descontos nos abonos para federados, autocares para presenciar encontros do Breogán, participación de xogadores e técnicos en charlas, clínics e outras actividades.

Presentado o acordo para colaborar cos clubs da provincia de Lugo

Ademais, o Breogán abre as portas para que xogadores de equipos da provincia poidan participar en adestramentos co primeiro equipo.

Varios clubs da provincia xa estamparon a súa sinatura neste acordo que irá ampliando pouco a pouco o seu número de entidades.

Dende o CB Breogán agradecemos a acollida por parte dos clubs, a implicación de Federación Galega, e o inestimable compromiso dunha entidade galega como Caixa Rural que aposta decididamente polo apoio ao deporte.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información