Prezos de entradas e desprazamento da marea celeste a Ourense

Compartir con

O Club Ourense Baloncesto e o Club Baloncesto Breogán, dadas as excelentes relacións entre ámbalas dúas entidades, veñen de acordar o intercambio de 900 entradas para a venda das mesmas a afección rival para cada un dos partidos da serie final.

Prezos de entradas e desprazamento da marea celeste a Ourense

En Lugo dende o mércores as 10 da mañá poderanse mercar no Pazo Provincial dos Deportes, tanto as entradas do partido do venres  (21:00 horas), como as do domingo (19:00 horas).

Dende esa hora e ata as 18:00 horas do xoves os abonados do club poderán retirar unha entrada por cada carné de abono da tempada 2014/2015. Para elo será obrigatorio amosalo no momento da compra. Os prezos serán os seguintes:

Adulto maior de 25 anos 17 euros.

Colectivos:  discapacitados,  pensionistas, desempregados, e menores de 25 anos no momento da compra, 10 euros 

Infantil : (Entre 5 y 15 anos) 2 euros.

Dende as 18 horas do xoves, e de quedar entradas sen vender, poderán optar a elas os non aboados do club ao mesmo prezo.

O Club facilitará para todos aqueles que o desexen o prezo de 5 euros a posibilidade de viaxar nun autobús que sairá do Pazo o venres as 19 horas e regresará tras finalizalo o encontro. O domingo os horario de saída será as 17:00 horas.

Os interesados deberán de abonar o prezo da viaxe no mesmo momento que mercan as entradas.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información