Quique Fraga continuará como adestrador axudante no Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O Consello de Administración comunicou ao técnico a decisión de contar con él como peza clave no equipo técnico, segundo o contrato que mantén coa entidade, como axudante na tempada 2016/2017. Quique Fraga, que xa foi adestrador asistente nas últimas tempadas con Lisardo Gómez, a quen substituíu como adestrador xefe á fronte do equipo no tramo final da pasada campaña, continuará así sendo un dos homes importantes no corpo técnico celeste de cara ao novo curso.

Quique Fraga continuará como adestrador axudante no Cafés Candelas Breogán

O técnico amosou a súa satisfacción: «Como persoa da casa é unha honra ter a oportunidade de seguir aportando o meu grao de area traballando no Breo. Espero poder axudar a que o equipo dea o máximo nun ano no que todos temos que remar na mesma dirección e estar á altura do que o club e  a afección merecen».


Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información