Seguinte parada do Ribeira Sacra Breogán: Navarra

Compartir con

O vindeiro venres 24 de outubro ás 20:30 horas no Polideportivo Anaitasuna, o Ribeira Sacra Breogán enfrontarase ao Planasa Navarra. O equipo de Lisardo Gómez buscará manter o liderado da clasificación vencendo nunha pista complicada ante un equipo que conta cun dos xogadores de referencia da competición: Hernández Sonseca.

Seguinte parada do Ribeira Sacra Breogán: Navarra

Eduardo Hernández Sonseca é, xunto ao breoganista Álex Llorca, o xogador máis destacado deste inicio de liga. Pero o equipo Navarro conta tamén con outros xogadores de calidade contrastada como o caso do exbreoganista Pablo Almazán, Iñaki Narros ou Joaquín Bonhome.
O equipo navarro suma dúas victorias. A última, acadada in extremis na complicada pista de Oviedo (65-67), precisamente cunha canastra no último segundo de Hernández Sonseca.

O equipo celeste viaxará sen Van Wijk, que será intervido esta mesma semana para solucionar a súa lesión na man dereita.


PLANTEL DE PLANASA NAVARRA

Lisardo Previa Planasa Navarra - Ribeira sacra Breogán.mp3

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información