Sí, haberá máis #CanastraStarCenter

Compartir con

Javi Peinó demostrou que é posible. Durante o descanso entre o terceiro e último cuarto do partido do Cafés Candelas Breogán, anotaba os tres tiros que levarán ao seu salón unha espectacular SmartTV cortesía de Star Center Electrodomésticos, unha das empresas patrocinadoras do Breo esta tempada.

Sí, haberá máis #CanastraStarCenter
Sí, haberá máis #CanastraStarCenter
Sí, haberá máis #CanastraStarCenter

Nunha visita realizada ao establecemento da empresa patrocinadora en Lugo, o presidente Antonio Veiga e o capitán do Cafés Candelas, Dani López, falaron con Marcos Domínguez, e o responsable da empresa confirmou que queren seguir regalando espectaculares televisores aos afeccionados. Nos vindeiros partidos haberá máis oportunidades, así que atentos ao Twitter!.

Tamén segue en pe a iniciativa mediante a cal os aboados do Cafés Candelas Breogán da presente tempada poden beneficiarse de importantes descontos presentando o resgardo do seu abono no momento de facer compras en Star Center.

Como curiosidade, o capitán celeste, Dani López, quixo ver en funcionamento unha tele similar á que gañou Javier Peinó. A reacción do capitán foi clara: «¡Esto no cabe en cualquier salón!».

Na visita, Veiga e Marcos Dominguez aproveitaron para completar algunha documentación relativa ao patrocinio. Dende O club queremos dar as grazas a Start Center polo seu compromiso co Breo e esperamos que este acordo sexa por moitos anos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información