Si, ¡Somos moi de Lugo! ¡Enchamos o Pazo!

Compartir con

O sábado 28 ás 19:15 horas o Pazo ten que estar cheo para xogar unha nova final. Visítanos o Força Lleida, un rival moi compricado polo que o Ribeira sacra Breogán precisará de toda a axuda den de a grada. É hora de facer equipo! O Pazo será unha vez máis parte do equipo, para elo, os aboados, que entrarán coma sempre co seu carné, poderán adquirir unha entrada a prezo reducido para un acompañante.

Si, ¡Somos moi de Lugo! ¡Enchamos o Pazo!
Cada abonado da tempada 2014/2015 poderá mercar unha entrada a prezo reducido para o Ribeira Sacra Breogán - Actel Força Lleida (5€) para un acompañante (os abonados entrarán co seu carné coma sempre). Estas entradas venderanse dende o mércores ata o venres de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e o sábado pola mañá entre 11:00 horas e 13:00 horas en oficinas, e tamén en taquilla dende unha hora antes do partido. Será imprescindible presentar o carné para mercar esa entrada de cortesía (máximo unha por carné).
Os prezos das entradas para non aboados serán os habituais de 15€ para senior, 10€ para universitarios (acreditados e menores de 25 anos) e maiores de 65 anos, e 5€ para os menores de 18 anos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información