Unha cita na que non faltará a voz do Pazo

Compartir con

Equipo, afección e a inconfundible voz de José Areñas farán do Pazo un novo escenario para os soños. Pero a xa habitual presenza do noso Areñas (porque están os speakers e despois está él) non sempre é tan fácil de ter, xa que como moitos saben é tamén unha das voces de Radio Lugo Cadena SER.

Foto: Galicia Deportiva
Foto: Galicia Deportiva

O seus compromisos profesional impedía nun inicio que Areñas puidera estar o domingo no Pazo e houbo unha persoa que ofreceu a súa axuda sen pensalo. Paco Rivera sería o que pasaría de colaborar dende o micro da retransmisión de FEBtv, a coller o complicado reto de substituír a Areñas. 

Pero as xestións da directora de Radio Lugo, Olga Beberide, deron como froito que Areñas non  falte na cita máis importante do ano no Pazo. O compromiso de Radio Lugo co deporte lucense e este xesto da empresa de comunicación axudará a que no Pazo non falte ninguén. Dende o CB Breogán agradecemos a Radio Lugo e en especial a Olga Beberide a colaboración da Cadena SER.

E por suposto a Paco Rivera que estaba xa disposto a facer un complicado relevo. Con xente así, o Breo é máis grande. Grazas!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información