Volta ao traballo coa visita de Huesca en mente

Compartir con

O vindeiro sábado 29 ás 19:15 horas, o Cafés Candelas Breogán recibirá ao Magia Huesca no Pazo dos Deportes de Lugo.

Volta ao traballo coa visita de Huesca en mente

O equipo celeste comezou a semana con traballo físico na mañá do luns no Pazo e continuará cunha sesión técnica durante a tarde.

Co grupo xa traballan os recén chegados Romero e Stainbrook.

Salvo cambio por decisión técnica, haberá dobre sesión de traballo tamén martes e xoves, con descanso o mércores e unha única sesión de traballo o venres e durante a mañá de partido.

 

O sábado, ás 19:15 horas, dará comezo o primeiro encontro dos tres sábados consecutivos nos que o Cafés Candelas xogará no pazo, cunha saída a Prat onde xogarán o martes día 8 de novembro.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información