Xa á venda entradas para os partidos de cuartos de final no Pazo

Compartir con

HORARIOS DE VENDA: Oficinas de 11 a 13:30 e de 17 a 19:30 horas e unha hora antes dos partidos enm taquilla. Chega ao Pazo dos Deportes unha das eliminatorias máis atractivas dos últimos anos con múltiples ingredientes para que sexa inesquecible: espectáculo na pista e na grada, igualdade no global e a posibilidade de aproveitar a vantaxe de cancha recobrada polos celestes tras lograr un trunfo no segundo partido en Riazor. O club da a coñecer os prezos de abonos e entradas para os partidos de venres e domingo no Pazo (venres 21:00 horas, domingo 18:00 horas).

Xa á venda entradas para os partidos de cuartos de final no Pazo

Os aboados de tódalas categorías (excepto XOVEN e BABYBREO, que entrarán gratis  co seu carné de tempada) poderán acudir aos dous partidos retirando un bono a prezo de 5€, que dará dereito a entrar nos dous partidos da serie. 

Ademais, cada aboado sénior, universitario, e maior de 65, poderá retirar unha entrada para cada un dos partidos para que a persoa que elixa poida estar tamén nos dous encontros da eliminatoria a prezo reducido de 5€ cada entrada.

Os aboados  que  merquen as entradas  de cortesía deberán facelo no momento de retirar o seu bono de aboado. Esta venda, aínda que opcional, de facerse será sempre conxunta.

Venderase un único bono de aboado e unha única entrada de cortesía por partido e por carné de abono presentado.

Os abnados con reserva de localidade numerada consérvarana para os play offs. Aconsellamos acudan aos partidos co seu carné por ter a localización do seu asento.

Para os non aboados as entradas individuais por encontro terán os prezos habituais de 15€ para sénior, 10€  para estudante ata 25 anos e persoas maiores de 65, e 5€ para os menores de 18 anos.

O HORARIO DE VENDA SERÁ EN OFICINAS DE 11:00 A 13:30 HORAS E DE 17:00 A 19:30 HORAS. VENDERASE TAMÉN EN TAQUILLA DENDE UNHA HORA ANTES DE CADA PARTIDO.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información