Cafés Candelas Breogán e C.D. Lugo, coas mellores festas de Galicia

Compartir con

Os dous clubs terán posto de venta conxunto, durante o San Froilán,  no centro da cidade

A partir da tarde do mércores 4 de outubro e ata o día 12 de outubro, os asistentes ás festas patronais de San Froilán, declaradas de interese turístico nacional, Terán un punto de venta de merchandising dos dous clubs máis representativos da cidade en pleno centro de Lugo.

A boa sintonía entre os clubs e a súa vontade de participar activamente nun acontecemento de primeira orde para Lugo e Galicia, fan posible que aquelas persoas interesadas en levar un recordo de Breogán ou do CD Lugo, poidan facelo sen saír da zona centro, arredor da cal discorreran a maioría das actividades da festa.

O punto de venta está situado no fondo da Praza Maior preto do Círculo das Artes, e abrirá en amplo horario de atención ao público (mañá e tarde os festivos e en horario de tarde o resto das xornadas) dende o día 4 ata o día 12.

No caso do CB Breogán, haberá artículos exclusivos conmemorativos do San Froilán como camisetas deseñadas por Rei Zentolo e cuncas deseñadas por Sindoo Estudio.

Cafés Candelas Breogán e C.D. Lugo, coas mellores festas de Galicia

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información