Cafés Candelas Breogán regala unha importante vitoria ao Pazo no día de Reis

Compartir con

Os celestes superaron ao Delteco GBC (83-71) e encadean catro trunfos

O Pazo fou unha festa. Máis de 4.300 espectadores presenciaron un partido no que o Breo tivo a a oportunidade de confirmar a súa mellora e, de paso, abrir vantaxe na clasificación sobre a zona de descenso. A sexta vitoria chegou nun partido máis complicado do que pode sinalar o marcador, pero no que, a pesar de ir mandando durante todo o choque, os celestes tiveron que pelexar en cada xogada para gañar.

A recuperación de efectivos permite ao técnico celeste realizar máis rotacións e acadar solucións nos momentos mais complicados dos partidos e ante as trampas dos rivais. O equipo responde na pista na que todos se senten importantes. Hoxe foron Arco (15 p), Brown (12 puntos, 11 rebotes) e Cvetkovic (11 puntos) os que destacaron na estatística, pero a vitoria foi de novo coral, traballada e de equipo.

 

83 (23-24-14-22) Cafés Candelas Breogán: Cvetkovic (11), Millsap (9), Vidal (6), Brown (12), Gerun (8) -cinco inicial-, Sulejmanovic (9), Belemene (-), Cristian Díaz (4), Lucio Redivo (7), Salva Arco (15), Dragicevic (2) e Lofberg (-).

71 (21+15+13+22) Delteco GBC: Nevels (12), Daniel Pérez (11), Barro (2), Burjanadze (10), Corbacho (3) -cinco inicial-, Sekulic (6), Van Lacke (2), Gutiérrez (8), Bobrov (14) e Oroz (3).

Árbitros: Jiménez Trujillo, Aliaga e Torres. Eliminaron a Dani Pérez (min.37)

A extrana data e hora do partido, en plena mañá de Reis, non foi obstáculo para que o Pazo tivera unha grande entrada. Os asistentes participaron dunha festa en cada descanso e tempo morto, cunha masiva actuación dea mascota Máximus que atreveuse a bailar na pista con ducias de nenos nun día especial para os máis pequenos.

O presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, recibiu unha placa de mas do presidente de Somos Unidos, José Manuel Vázquez, que acredita ao club como socio de honra da asociación de loita contra o cancro.

Cafés Candelas Breogán regala unha importante vitoria ao Pazo no día de Reis

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información