Cando o Breogán «fichou» a dúas estrelas do Estudiantes para enfrontarse ao Real Madrid nos 60

Compartir con

Cando o Breogán «fichou» a dúas estrelas do Estudiantes para enfrontarse ao Real Madrid nos 60

Pequenas lembranzas de dous clubes históricos que volven a verse na cancha

Era outubro de 1967, o Breogán daba os seus primeiros pasos nunha historia que supera xa o medio século e, o rival do próximo sábado, o Movistar Estudiantes, superara a adolescencia e rozaba a vintena de anos de vida. O vello Municipal de Lugo (Inaugurado en maio de 1964), por aquel entón un flamante pavillón dos que había poucos e non só en Galicia, acollía o primeiro Trofeo Breogán e os locais recibían a todo un Real Madrid.

A falta de efectivos celestes (Manolo Díaz e Domínguez estaban lesionados), e as boas relacións que os fundadores e primeiros directivos do Breo sostiñan xa cos clubs consagrados levaron á cesión de dous xogadores estudantís para vestir a camiseta breoganista. Foron o pivote Javier Molina (xogador do Estudiantes entre 1965 e 1970), actual presidente da Asociación de Veteranos do Estudiantes, e Vicente Ramos, un base que vestiu a camiseta estudantil do 63 ao 68.

Cando o Breogán «fichou» a dúas estrelas do Estudiantes para enfrontarse ao Real Madrid nos 60

Moito cambiaron as cousas desde aquilo. No 67 non existían moitos dos clubs que agora destacan no panorama baloncestístico europeo, non existían as marcas que fan posible proxectos como os de Breo e Estu, como Movistar, a Cafés Candeas faltábanlle uns seis anos para producir os seus primeiros cafés, pero o que non cambiou é o que o baloncesto significou e segue significando para moitos que saen nesa foto, máis de medio século despois.

Foron pioneiros que marcaron os primeiros anos de algo que, tanto para estudantís como breoganistas, hai que vivilo para entendelo.

 

Molina e Ramos, lendas do Estudiantes. (Foto Web Movistar Estudiantes)
Molina e Ramos, lendas do Estudiantes. (Foto Web Movistar Estudiantes)

Moitos anos despois daquilo e, tamén moitos despois do último enfrontamento alá pola tempada 2005/2006, como o propio club madrileño lembraba en Twitter, a historia continúa.

Cuando el Breogán «fichó» a dos estrellas del Estudiantes de Madrid en los 60

Era octubre de 1967, el Breogán daba sus primeros pasos en una historia que supera ya el medio siglo y, el rival del próximo sábado, el Movistar Estudiantes, había superado la adolescencia y rozaba la veintena de años de vida.

El viejo Municipal de Lugo (Inaugurado en mayo de 1964), por aquel entonces un flamante pabellón de los que había pocos y no sólo en Galicia, acogía el primer Trofeo Breogán y los locales recibían a todo un Real Madrid.

La falta de efectivos celestes (Manolo Díaz y Domínguez estaban lesionados), y las buenas relaciones que los fundadores y primeros directivos del club sostenían ya con los clubs consagrados llevaron a la cesión de dos jugadores estudiantiles para vestir la camiseta breoganista. Fueron el pívot Javier Molina (jugador del Estudiantes entre 1965 y 1970), actual presidente de la Asociación de Veteranos del Estudiantes, y Vicente Ramos, un base que vistió la camiseta estudiantil del 63 al 68.

Mucho han cambiado las cosas desde aquello. En el 67 no existían muchos de los clubs que ahora destacan en el panorama baloncestístico europeo, no existían las marcas que hacen posible proyectos como los de Breo y Estu, como Movistar, a Cafés Candelas le faltaban unos seis años para producir sus primeros cafés, pero lo que no ha cambiado es lo que el baloncesto ha significado y sigue significando para muchos que salen en esa foto, más de medio siglo después.

Fueron pioneros que marcaron los primeros años de algo que, tanto para estudiantiles como breoganistas, hay que vivirlo para entenderlo.

Muchos años después de aquello y, también muchos después del último enfrentamiento allá por la temporada 2005/2006, como el propio club madrileño recordaba en Twitter, la historia continúa.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información