Catro magníficos do Río Breogán!

Compartir con

Catro xogadores superaron os 20 tantos de valoración ante Burgos, repetindo o logrado 20 anos atrás por outros catro celestes

Catro magníficos do Río Breogán!

Os catro magníficos do Río Breogán. Máis dunha vez coinciden nun mesmo club dous xogadores con 20 ou máis créditos de valoración, aínda que xa é menos frecuente que ocorra con tres compañeiros de equipo. No caso do Río Breogán, no seu brillante triunfo (105-96) fronte a Herda San Pablo Burgos, a cifra ascendeu ata 4.

Trae Bell- Haynes foi esta vez a referencia breoganista, con 29 créditos de valoración, mercé a unha brillante actuación na que sumou 22 puntos, 6 asistencias, 5 rebotes e 3 faltas recibidas.

Seguiulle de preto a estrela do Río Breogán, un Dzanan Musa que volveu exhibirse, esta vez con 20 puntos, 7 rebotes, 3 asistencias e 9 faltas recibidas para un total de 27 créditos de valoración.

A continuación, o bastión na pintura Rasid Mahalbasic, que novamente sen facer moito ruído, acabou con 21 de valoración, grazas a 15 puntos, 6 rebotes, 5 asistencias e 2 faltas recibidas.

Por último, Jordan Sakho tamén se apuntou á festa, chegando aos 20 de valoración mediante 12 puntos, 7 rebotes, 1 recuperación e 1 tapón espectacular.

En total, entre os catro magníficos do Río Breogán sumaron un 65,7% dos puntos do equipo (69 de 105) e un 79,5% da valoración conxunta (97 de 122), sendo o gran pesadelo burgalés.

Hai que retroceder no tempo case dúas décadas para ver algo similar no club. Ocorreu un 29 de decembro de 2002, cando nunha vitoria por 108-96 contra o Cáceres CB, producísese unha circunstancia similar da man de Devin Davis (38), Javi Rodríguez (27), Rubén Garcés (23) e César Sanmartín (21).

Noticia en ACB.COM

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información