Celebrada a Xunta Xeral Extraordinaria

Compartir con

A Xunta ratificou a permanencia de Eduardo Valín, a nova entrada de Luís Franco, e a saída de Alfonso Orol

Como estaba previsto na orde do día, a Xunta ratificou a continuidade de Eduardo Valin, xa incorporado previamente por cooptación, e deu a benvida a Luis Franco Núñez, que entra no consello trala saída de Alfonso Orol, que sae do órgano reitor do club tras tres anos nos que exerceu tamén como secretario do consello de administración.

Luis Franco en un reputado profesional da sanidade, Doutor ciruxano especialista en Anxioloxía e Ciruxía Vascular, e seguidor do CB Breogán dende hai moitos anos.

Franco únese a un consello presidido por Jesús Lázare e coa continuidade do empresario Eduardo Valín.

Tralos primeiros puntos da orde do día pasouse a un intenso debate no apartado de rogos e preguntas no  que o consello tomou nota de diversas propostas dos asistentes, insistiu no esforzo que  se está a realizar para axustar as contas do club, na procura dun equilibrio entre a redución da débeda e a confección dun equipo competitivo á altura da esixencia dunha grande afección.

Chegados ao punto no que o consello foi interrogado  pola marcha das negociacións no eido deportivo,o presidente, Jesús Lázare, anunciou a continuidade de Matt Stainbrook,  un dos  xogadores máis valiosos  e carismáticos  que xogaron no Cafés Candelas a  pasada tempada. A nova foi confirmada trala recepción do contrato asinado polo xogador poucas horas antes da celebración da xunta.

Dende o club agradécese a implicación,o traballo e o compromiso do conselleiro saínte, Alfonso Orol, e dase a benvida ao novo membro do consello, Luís Franco, a quen se lle agradece a vontade de formar parte dun proxecto que sempre constitúe un difícil reto.

O consello e o resto dos  membros  do club traballan xa na planificación dunha tempada na que, unha vez más, o Breogán buscará estar entre os mellores a nivel deportivo e social coa colaboración de afección, patrocinadores e colaboradores a tódolos niveis.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información