Chega a VIII edición do Trofeo Julio Vila ao xogador da afección

Compartir con

Unha nova tempada para a historia está xa no seu tramo final e un ano máis o xa tradicional Trofeo Julio Vila, un memorial que leva o nome dun dos grandes precursores das peñas, busca escribir un novo nome na ilustre lista de xogadores cuxo carisma merece o recoñecemento das peñas e da afección.

A votación está aberta

 

Bases do trofeo

Voto das peñas

Cada unha das peñas (Peña Breogán, Embreogados, Fogar de Breogán e Breoñáns) votará con 3, 2 e 1 puntos aos tres xogadores que consideren merecedores do premio, sendo 3 a puntuación máis alta e 1 a máis baixa.

Cada unha das peñas elixirá a forma en que levará a cabo a votación a nivel interno.

As peñas remitirán o resultado da súa votación á dirección de correo electrónico prensa@cbbreogan.com antes das 23:59 horas do día 11 de maio.

Voto xeral

O público en xeral tamén participará deste trofeo mediante unha votación na forma que o Club Baloncesto Breogán estableza. O xogador máis votado acadará 8 puntos, o segundo 5 puntos e o terceiro 3 puntos. Esta votación rematará o día 11 de maio ás 23:59 horas.

Gañador

O gañador resultará de sumar os puntos de cada unha das peñas aos puntos obtidos no voto xeral.

Desempate

As peñas terán o voto de calidade en caso de empate.

Trofeo

O trofeo será entregado no encontro a celebrar en Lugo o día 14 de maio de 2023

Gañadores anteriores edicións do Trofeo Julio Vila:

2014/2015: Osvaldas Matulionis

2015/2016: Pep Ortega

2016/2017: Matt Stainbrook

2017/2018: Emir Sulejmanovic

2018/2019: Volodymyr Gerun

2019/2020: -

2020/2021: Sergi Quintela

Extraordinario: Salva Arco

2021/2022: Dzanan Musa

2022/2023:

Chega a VIII edición do Trofeo Julio Vila ao xogador da afección

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información