Christian Díaz comprométese co proxecto do Leite Río Breogán

Compartir con

Christian Díaz comprométese co proxecto do Leite Río Breogán

O xogador canario cumprirá a súa terceira tempada de celeste

O Leite Río Breogán e Christian Díaz chegaron a un acordo para que o base canario continúe como director de xogo do novo proxecto breoganista.

Christian Díaz (Las Palmas de Gran Canaria, 23/03/1992) é un base de 1,84m. formado nas categorías inferiores de Gran Canaria e que chegaba ao Breogán na tempada 2017/2018, converténdose nun dos «heroes do ascenso» a Liga Endesa e sendo nas dúas últimas tempadas nun dos xogadores máis identificados co club, o que lle valeu para ser un xogador querido e respectado pola afección tanto pola súa contribución na pista como fóra dela.

Tralo seu Paso por Liga Endesa co Breogán, Díaz continuará demostrando a súa calidade capacidade de traballo, e progresión ás ordes de Diego Epifanio.

ACB Foto
ACB Foto

TRAXECTORIA:

Categorías inferiores. CB Gran Canaria.

2009-10. CB Gran Canaria. Junior e EBA.

2010-11. UB La Palma. LEB Oro.

2011-12. UB La Palma, La isla bonita. LEB Oro.

2012-13. Gran Canaria 2014. LEB Plata.

2013-14. Planasa Navarra. LEB Oro.

2014-15. Club Ourense Baloncesto. LEB Oro.

2015-16. Peñas Huesca. LEB Oro.

2016-17. Ourense Provincia Termal. LEB Oro.

2017-18. Cafés Candelas Breogán. LEB Oro.

2018-19. Cafés Candelas Breogán. Liga Endesa.

PALMARÉS:

2014-15. Club Ourense Baloncesto. LEB Oro. Campión doPlayoff

2017-18. Cafés Candelas Breogán. Copa Princesa. Campión

2017-18. Cafés Candelas Breogán. LEB Oro. Campión

INTERNACIONALIDADES:

2010. España. Europeo Sub18, en Vilnius (Lituania).

2017. España. Fase de clasificación Copa de Europa 3x3, en Andorra la Vella.

2017. España. Copa de Europa 3x3, en Amsterdam (Holanda).

ACB Foto
ACB Foto
ACB Foto
ACB Foto

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información