Cita cargada de alicientes no Pazo

Compartir con

Ademais dun gran partido, o Pazo será de novo un punto de encontro para as emocións

Paga a pena estar na cita desta tarde por múltiples motivos. Por suposto o partidazo do Cafés Candelas ante un dos equipos máis en forma da categoria,: o Palma Air Europa de Fornás, Úriz, Biviá en compaña.

Trofeo Julio Vila

Antes da presentación de equipos, o xogador elixido polas peñas breoganistas e a afección, recibirá o recoñecemento da terceira edición dun trofeo que xa gañaron no seu momento Osvaldas Matulionis e Pep Ortega. Ademais de representación das peñas, estará o fillo do lembrado Julio Vila.

Pechemos UNICEF

O partido dedícase difundir a vital labor de UNICEF pola infancia. Haberá unha mesa informativa para captar socios e colaboradores e nalgún momento do partido pediremso a colaboración, sempre solidaria, da grada. Un SMS masívo do Pazo podería salvar miles de vidas co simple xesto de sacar o movil do peto, enviar UNICEF ao 28028 e donar 1,20€.

Canastra Star Center

Un afortunado poderá porbar puntería entre o 1º e 2º cuarto. Tres canastras en 24 segundos que valen unha TV do colaborador Star Center Electrodomésticos.

Homenaxe polos #50anosdeBreo

María José Castro «Sesé», traballadora das oficinas do club nada menos que dende 1982, recibirá o recoñecemento por toda unha vida dedicada ao seu club. Sesé representa a tódolos traballadores que durante os 50 anos de percorrido do Breo, dedicaron parte das súas vidas para traballar por algo  que é moito máis que un club.

Gravitty poñerá o ritmo no descanso

Trala homenaxe, un amplo grupo de rapaces da escolad e danza e espectáculos Gravitty, fará bailar ao Pazo dende a pìsta.

Camiseta e cea co equipo

Dende unha hora antes do partido en zonas de acceso venderanse as rifas para gañar unha cea co equipo ou unha camiseta do 50 aniversario. Por 1€, opcións de levar un premio inesquecible.

Visitas especiais na grada

Hoxe acudirán ao partido grupos de escolares e equipos de base de Sarria, Melide, Taboada, Becerreá, Arzúa, Paradela… 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información