Comparecencia de Tito Díaz

Compartir con

O director xeral do CB Breogán explicou a situación do equipo tralos positivos de Mrsic e Muñoz

A estrea de Mrsic á fronte do Río Breogán farase esperar uns días

O novo técnico celeste permanecerá illado ao dar positivo en proba PCR

O adestrador foi sometido a unha proba PCR con resultado positivo en COVID19. Veljko Mrsic atópase ben e en permanente contacto co equipo médico do club cumprindo os protocolos procedentes á espera de recuperarse e poñer se á fronte do equipo.

Javier Muñoz, técnico que se encargou do equipo nos dous últimos encontros tamén se atopa illado ao dar positivo nunha proba. Ambos os técnicos atópanse con síntomas leves baixo control médico realizando probas complementarias.

Oriol Comas dirixirá o equipo no derbi

A estrutura do corpo técnico do Río Breogán permite afrontar con garantías a situación derivada dos positivos por COVID. Oriol Comas, con Quique Fraga e o resto do equipo técnico serán os encargados do equipo no derbi do domingo.

 

Comparecencia de Tito Díaz

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información