Compromisos de pretempada para o Leite Río Breogán

Compartir con

Dous amigables máis a Copa Galicia completan o cadro de partidos de preparación

O primeiro compromiso será o sábado 26 de setembro no Pazo dos Deportes (19:00horas) ante o Real Valladolid.

O día 10 de outubro no Pazo dos Deportes o Leite Río Breogán enfrontarase ao Destino Palencia no VII Torneo “Lugo é basket” organizado pola Asociación Xuvenil ,Sagrado Corazón.

Copa Galicia

A Copa Galicia mantense como competición en sistema de liga entre os clubs de LEB Oro para buscar ao participante na final que se xogará ante o Obradoiro polo título autonómico. Os partidos disputaranse o xoves 1 de outubro ás 20:00 horas  (Leite Río Breogán- Ibereólica Renovables Ourense) e mércores 7 de outubro de outubro ás 19:00 horas (Leyma Coruña– Leite Río Breogán).

A final disputarase o 20 ou 21 de xaneiro, salvo que o equipo galego de LEB Oro que xogue a final de Copa Galicia se clasifique tamén para a final da Copa Princesa, o que obrigaría a buscar data alternativa.

Compromisos de pretempada para o Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información