COMUNICADO C.B. BREOGÁN S.A.D.

Informamos que o adestrador do Cafés Candelas Breogán, Lisardo Gómez, causa baixa médica por doenza común e por un período indeterminado de tempo. A función de Lisardo, que segue a pertencer á disciplina do club, está a ser desenvolvida estes días polo seu axudante, Quique Fraga, que dirixe as sesións de adestramento durante a presente semana e dirixirá ao equipo no encontro da vindeira xornada en Prat. Tanto o Consello de Administración como tódolos membros do club desexan a Lisardo Gómez unha pronta recuperación.

COMUNICADO C.B. BREOGÁN S.A.D.

 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información