Comunicado do Presidente do Consello de Administración

Compartir con

O Presidente do CB Breogán, Jesus Lázare, quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade á masa social celeste

Tras unhas horas complicadas despois da saída de dous conselleiros do Consello de Administración, e ante a lóxica inquedanza dos afeccionados, o Presidente do club quere facer chegar unha mensaxe de tranquilidade.

Dende a responsabilidade o Presidente da Sociedade traballa na procura de restablecer as funcións dentro do Consello que permitan, na maior brevidade, continuar co normal funcionamento do club dirixido a, entre outros temas, inscrición do equipo na competición, asegurar a continuidade e chegada de patrocinios, a Ampliación de Capital, e confección dun plantel competitivo á altura do club.

Jesús Lázare comparecerá en rolda de prensa nos vindeiros días para informar sobre o avance en tódolos temas que preocupan á masa social, e agradece as mostras de apoio e a comprensión por parte de tódalas persoas implicadas ante a discreción das xestións pertinentes.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información