COMUNICADO Referente ás medidas sobre a prevención ante o coronavirus

Compartir con

Referente ás medidas sobre a prevención ante o coronavirus

Nota informativa remitida por parte do Consello Superior de Deportes en relación á celebración de tódalas competicións e eventos deportivos profesionais e non profesionais, de ámbito estatal e internacional, a porta pechada.

Neste sentido, os encontros das competicións  LF Endesa, LEB ORO,  LF2, LEB Prata, EBA  e 1ª Feminina deben celebrarse a porta pechada.

En relación con este extremo, exclusivamente permitirase o acceso aos pavillóns aos membros dos equipos, entendendo como tal aos xogadores/as e ao corpo técnico, así como ao equipo arbitral, oficiais de mesa e estatísticos, persoal sanitario necesario, persoal de comunicación de cada club, empregados das instalacións e o persoal federativo autonómico correspondente, todos eles debidamente acreditados. En último termo permitirase o acceso ao persoal imprescindible para a retransmisión dos encontros.

Así mesmo, infórmase que todas as obrigacións e requisitos en relación coas retransmisións en Teledeporte, Twitter, LaLigaSportstv, Canle FEB, Baloncesto en Vivo, así como a xestión e envío de estatísticas, continuarán en vigor durante o desenvolvemento destes encontros a porta pechada.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información