Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto

Compartir con

Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto

O Cafés Candeas compartiu pista cun centenar de nenos e nenas no Pazo

Tralo adestramento matinal do martes o equipo lucense recibiu a visita da mascota breoganista Máximus que traía consigo a un grupo de case un cento de nenos e nenas que participan no campamento do Club Estudantes Lugo.

Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto

A ilusión do equipo pola nova etapa de ACB e a dos nenos e nenas por compartir pista e charlar cos xigantes que vestirán de celeste, converteu o tramo final dunha dura mañá de traballo nun momento agradable cheo de risas, bromas e agasallos, xa que cada neno portaba un debuxo dedicado para os xogadores que recibiron cun amplo sorriso. Tamén houbo unha camiseta do campamento para cada xogador, e autógrafos, fotos, preguntas…

O capitán Salva Arco exerceu de mestre de cerimonias e presentou un aos compañeiros de equipo que recibiron o apluso dos máis novos.

Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto

O baloncesto desde calquera punto de vista, posúe unha capacidade de ilusionar a todos independentemente da idade ou o papel que se xogue na pista ou na bancada.

Vémonos nas canchas de Liga Endesa!

Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto
Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto
Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto
Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto
Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto
Contaxiando a ilusión polo mellor baloncesto

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información