Convocada a Xunta Xeral de Accionistas

Compartir con

Convocada para o 28 de abril e coa previsión de celebrarse o 29 , inclue estudo de contas anuais e orzamento da tempada 20/21

Na orde do día non se dispón un punto específico de rogos e preguntas, sendo aclarado na convocatoria, no apartado de “Dereito de Información”, o dereito a intervir dos asistentes ao longo da sesión.

Coa intención de concentrar a sesión no tempo necesario por motivos de seguridade, polos protocolos COVID en espazos pechados, e pensando na seguridade dos asistentes, ábrese a opción de consultas previas por vía mail que serán respondidas aos socios na sesión, ou vía mail en datas posteriores de ser precisa máis información.

Desde o club agradecese aos socios a comprensión sobre a normativa e a incomodidade que a mesma pode ocasionar. Calquera cuestión relativa á xunta pode ser consultada no mail info@cbbreogan.com ou chamando a oficinas.

 

CONVOCATORIA

Convocada a Xunta Xeral de Accionistas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información