Convocada a Xunta Xeral de Accionistas

Compartir con

Convocada a Xunta Xeral para o día 17 de decembro ás 20:00 horas en primeira convocatoria, sendo a segunda convocatoria, en caso de ser preciso, o día 18 á mesma hora

O Consello de Administración do Club Baloncesto Breogán, S.A.D, na súa sesión celebrada o día 15 de outubro de 2020, acordou convocar a Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade co carácter de Ordinaria e que terá lugar no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, sita en Rúa San Marcos 8, 27001, Lugo, en primeira convocatoria ás 20:00 horas do día 17 de decembro de 2020 e, se a iso houber lugar, en segunda convocatoria, no mesmo lugar e hora, o día 18 de decembro de 2020 co obxecto de someter a exame e votación os asuntos comprendidos no seguinte:

Orde do día
Primeiro.- Informe do Presidente
Segundo.- Estudo e aprobación, no seu caso, das Contas Anuais (Memoria, Balance e Conta de Perdas e Ganancias); proposta de aplicación do resultado correspondente ao exercicio social pechado o 30 de xuño de 2020.
Terceiro.- Aprobación do Orzamento para a Tempada 2020/2021
Cuarto.- Elevación a público, se procede, dos acordos adoptados
Quinto.-  Aprobación da Acta da Xunta 

Información de interese
A propósito da actual situación de crise sanitaria, e en vista da afección que a mesma puidese ter sobre o normal desenvolvemento da Xunta Xeral de accionistas, priorizando a saúde de todos os asistentes e facendo un chamamento á responsabilidade e colaboración dos mesmos, o Consello de Administración do club:
1. Roga aos accionistas (ou representantes) que queiran asistir á Xunta que o comuniquen ao club, antes do 11 de decembro de 2020, por correo electrónico a info@cbbreogan.com, achegando cuberto o formulario de asistencia facilitado na web do club.
2. Comunica que se procederá á creación dun protocolo específico para a entrada ao auditorio, publicándose na web do club os días previos á xunta, e que recollerá as medidas que no seu momento determínense polas autoridades competentes.
3. Fai saber que, a teor da crise sanitaria e a súa evolución, #ante a posible variación de cambios normativos e medidas a adoptar polas autoridades correspondentes, o Consello de Administración resérvase o dereito de modificar os requisitos e modos de asistencia e acceso dos accionistas ao auditorio, establecendo o sistema que mellor se adapte á normativa, publicando na web da entidade os cambios para formular coa maior antelación posible.

DOCUMENTO: Formulario Asistencia JGO 2020.pdf // CONVOCATORIA BORME-C-2020-6853.pdf
Convocada a Xunta Xeral de Accionistas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información