Con apoio da afección e patrocinadores, os celestes buscarán o regreso a Liga Endesa
Actitude do equipo, que creu en todo momento e competiu en cada balón cun gran rival como o HLA Alacante. Actitude da afección, que xa desde os días previos manifestou o seu apoio en redes sociais, e horas antes recibía un a un aos seus xogadores no exterior do Pazo para mostrarlles o seu apoio, e que fixo dun Pazo, limitado a 1500 espectadores, un auténtico inferno celeste que empurrou ao equipo . Actitude de patrocinadores e colaboradores que, na tempada máis dura que lembramos polas circunstancias que a pandemia marcaron, seguiron ao lado do proxecto deportivo e social do Breo e deron unha mostra de compromiso exemplar co club e o seu equipo.
Non será fácil, algo que xa sabiamos desde o principio, pero o Río Breogán, está na final, loitando polo que cre, como reza un lema da empresa patrocinadora Río de Galicia. É #cuestión de actitude, de superación e de seguir soñando. # ForzaBreo