Dejan Cigoja incorpórase ao Cafés Candelas Breogán

Compartir con

Dejan Cigoja incorpórase ao Cafés Candelas Breogán

O esloveno, de 2,05 m. nado en 1988 chegou a un principio de acordo co club celeste

Dejan Cigoja é un ala pívot procedente do WBC Raiffeisen Wels austríaco onde xogou as dúas últimas tempadas promediando, na última campaña, 9 puntos e 4 rebotes en 27 minutos de xogo.

 

O xogador foi internacional U17, U17, U18 e U20 con Eslovenia.

Na pasada tempada foi campión da Supercopa de Austria e semifinalista de liga.

É un xogador con experiencia ecapacitado para a anotación dende longa distancia e para poner o balón no chan e xogar tanto de cara como de costas ao aro.

Trátase dun “catro aberto” que aporta polivalencia ao equipo e ameaza exterior, o que permitirá abrir as defensas rivais e cubrir un posto importante para o plantel celeste.

O club traballa para a súa incorporación inmediata

 

Dejan Cigoja incorpórase ao Cafés Candelas Breogán
Dejan Cigoja incorpórase ao Cafés Candelas Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información