Derrota do Cafés Candelas ante Araberri (86-84)

O equipo celeste acusou a  irregularidade e un mal segundo cuarto ante un dinámico Araberri

Non atopou o ritmo adecuado nin o acerto necesario o Cafés Candelas en Vitoria. Os celestes aínda así tiveron opción tras un bo inicio, un baixón no segundo cuarto (26-16) e una recuperación no tramo final, con opción para Staimbrook de levar o partido á prorroga incluído.

Dura derrota que afasta un pouco máis aos celestes do ascenso directo, pero con dúas batallas por diante en liga regular para seguir loitando por elo (Barcelona e Ourense).

Matt Stainbrook foi o home máis valorado do Breo con 21 puntos, 7 rebotes e 4 asistencias (33 val.)

O equipo estivo acompañado por uns douscentos seareiros celestes que se desprazaron a Vitoria.

 

Derrota do Cafés Candelas ante Araberri (86-84)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información