Derrota do Leite Río Breogán ante un loitador Almansa (85-86)

Compartir con

Derrota do Leite Río Breogán ante un loitador Almansa (85-86)

Os celestes tiveron o balón para ganar pero sen fortuna final

O Almansa levou a vitoria do Pazo crendo no seu traballo a pesar de que o Leite Río Breogán chegou a alcanzar unha vantaxe de 14 puntos no cuarto inicial,. Pero o Afanion tivo confianza no seu traballo e o acerto necesario para levar unha vitoria do Pazo. Os manchegos venceron tres dos catro parciais e con boas porcentaxes no lanzamento e aproveitando os numerosos tiros libres (22/27, por 7/11 do Breo), chegaron aos instantes finais por diante no electrónico. O Leite Río tivo un balón a falta de 10 segundos para tratar de vencer in extremis pero os celestes non atoparon a fortuna.

Dago Peña con 22 puntos, e Powell con 18 foron os máximos anotadores celestes.

O Leite Río volve a xogar como local o sábado 18 ante o TAU Castelló, partido co que dará comezo a segunda volta da competición.

Derrota do Leite Río Breogán ante un loitador Almansa (85-86)
Derrota do Leite Río Breogán ante un loitador Almansa (85-86)
Derrota do Leite Río Breogán ante un loitador Almansa (85-86)
Derrota do Leite Río Breogán ante un loitador Almansa (85-86)
Derrota do Leite Río Breogán ante un loitador Almansa (85-86)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información