Derrota do Leite Río tras un mal tramo final de partido en Valladolid (94-82)

Compartir con

Os celestes perderon forza no último cuarto e deixaron medrar ao Carramimbre

O Leite Río Breogán non foi quen de colleitar unha vitoria en Pucela. Tras unha boa primeira metade na que funcionou o ataque e o equipo amosou confianza no seu xogo, os celestes foron perdendo forza tralo descanso e acusaron aspectos como a retirada por lesión de Nogués que estaba a facer un bo partido, ou a acumulación de faltas de Christian Díaz. Os pucelanos atoparon o xeito de perforara defensa lucense e nun gran tramo final (27-14 no último cuarto) decidiron o partido.

Dago Peña foi o máximo anotador do Breo con 16 puntos.

Segunda derrota celeste do curso e pouco tempo para repoñerse e buscar a vitoria no Pazo. O martes 29 ás 20:45 horas o Leite Río Breogán recibe ao Cáceres Patrimonio de la Humanidad.

Derrota do Leite Río tras un mal tramo final de partido en Valladolid (94-82)

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información