Unha tripla de Matulionis sobre a bucina deu a vitoria ao Leyma nun partido moi igualado
Encontro moi trabado e cheo de imprecisións o xogado na cancha do Básquet Coruña. Os dous equipos galegos evidenciaron por momentos falta de rodaxe propia da pretempada e o estado da pista, que fixo esvarar constantemente aos xogadores, e dificultou ver continuidade no xogo.
A falta de seis segundos para o final Adam Solazzo anotaba unha espectacular tripla que levaba o encontro ao empata con poucos segundos para o final, pero o ex celeste Matulionis anotou outra canastra de tres sobre a bucina do final para deixar a vitoria na Coruña.
Sollazzo e Larsen foron os máximos anotadores do Leite Río con 17 e 19 puntos, seguidos por Iván Cruz que anotou 13 e capturou 11 rebotes.