Descarga o primeiro número de LUGH

Compartir con

Presentamos a nova revista periódica LUGH, con nome sacado da mitoloxía celta que ten a Breogán entre os seus nomes destacados.

En LUGH trataremos de resumir as moitas iniciativas sociais que o Breogán leva a cabo. Con protagonismo de xogadores e técnicos en moitas ocasións, e por suposto da afección, o Breogán é moito máis do que acontece na pista en cada partido. Homenaxes, visitas, charlas, anécdotas, entrevistas… todo elo con moita presenza da imaxe, da fotografía e das redes sociais que xa están dende hai tempo integradas no noso día a día.

Ademais de entrevista co presidente, reportaxes sobre algunhas das actividades mais salientables das últimas semanas, no primeiro número de LUGH incluímos un sinxelo “caza autógrafos” para que aqueles que lles gusta gardar a sinatura do seu xogador favorito, o poidan facer nun soporte para gardar por moito tempo.

Estaremos moi atentos tamén ás vosas suxestións.

 

DESCARGA LUGH 1

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información