Descarga xa a aplicación oficial do Breo

Compartir con

Xa temos aquí a versión Beta 1.0 da APP do Club Baloncesto Breogán SAD 

Nesta versión Beta que presentamos agora,  o primeiro dos pasos evolutivos da que será a APP de uso para os afeccionados do Cafés Candelas Breogán, poñemos a disposición dos afeccionados unha interface de Android que permite acceder de xeito sinxelo á información do Club de forma rápida e directa sen ter que acceder o navegador do smartphone.

Descarga xa a aplicación oficial do Breo

Nun sinxelo menú o usuarios non rexistrados poderán acceder ás novas, á canle de retransmisións en directo dos partidos da tempada, e a ofertas de establecementos e empresas colaboradoras con importantes descontos.

Ademais, os abonados online rexistrados (mesmo usuario e contrasinal que na taquilla online)  poderán acceder ao seu perfil persoal para cambiar os datos de rexistro, ao seu carné de abonado en soporte QR (xa nos será preciso presentalo carné físico naos accesos aos partidos),   e ás entradas mercadas, que xa non será necesario imprimilas. Tamén Terán acceso ao o panel para personalizar ou cambiar de contrasinal.

Tamén nesta opción existe a posibilidade de pechar a sesión cos nosos datos persoais.

Descarga xa a aplicación oficial do Breo

Nos seguintes pasos evolutivos de desenvolvemento da aplicación, poderase acceder a ofertas personalizadas e xeolocalizadas con notificacións en directo entre outras moitas opcións.

Nos vindeiros días (arredor de 12 días), esperamos xa contar coa validación da APP por parte do órgano supervisor da Apple Store para Iphone e Ipad.

A versión Android está dispoñible para os usuarios con sistemas operativos actualizados no Play Store no seguinte link:

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.cbbreogan.app

 A app está desenvolvida para o club por www. lugointernet.com ,  que deste xeito súmase o noso proxecto como proveedor  tecnolóxico e complementará os servizos que tanto "Sond·3" coma "Dinahosting" xa prestan ao CLub.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información