Desprazamento de afeccionados a Madrid para o Movistar Estudiantes – Cafés Candelas Breogán
O club pon a disposición dos socios opción de bus e entrada ou so desprazamento
--PODES MERCAR ENTRADA E BILLETE DE BUS AQUÍ--
Dende as 10:00 horas do mércores 10 de abril e ata as 20:00 horas do xoves 11 permanecerá aberta vía online a inscrición e pagamento do desprazamento de seareiros a Madrid.
O mínimo de prazas que se deben cubrir nese período é de 30 persoas para que a viaxe sexa efectiva. De non chegar a esa cifra dentro de prazo darase por cancelada e devolverase o importe aos seareiros que fixeran o pago.
A saída sería do Pazo ás 9:00h. da mañá e o regreso a Lugo tralo partido.
Prezos:
So bus: 35€ por persoa.
Bus máis entrada: 48€ por persoa.
A inscrición finalizará o xoves ás 20 horas.
A viaxe realizarase se hai un mínimo de 30 afeccionados/as inscritos ás 20:00 horas do xoves. Dita comunicación -confirmado ou no seu caso suspendendo a viaxe) terá lugar vía RRSS do Club ese mesmo día e hora.
No caso de que non se reúna o mínimo necesario o diñeiro será reintegrado aos afeccionados/as á súa tarxeta de crédito/débito coa que formalizaron a compra
A hora de saída será o domingo día 14 ás 9:00 horas dende o aparcadoiro superior do Pazo dos Deportes.
Unha vez asegurado o mínimo de viaxeiros non se reintegrará cantidade algunha.
A localización da zona no pavillón correspóndese coas entradas de venda en despacho de billetes web de importe 15 euros.
Unha vez confirmado o mínimo que asegure a viaxe a venda seguirá aberta ata esgotar a totalidade das prazas ofrecidas para viaxar a prezo de 35 euros.
O acceso ao autobús realizarase pola orde de compra formalizado e pago fóra de presencia de persoas con minusvalías declaradas e acreditadas, podendo os afeccionados seleccionar as localizacións desexadas.
Lembrámoslle que no acceso ao pavillón haberá revisión de mochilas/bolsos polo que rogamos sexan previsores e viaxen co mínimo imprescindible
A viaxe contará coa cobertura do seguro de viaxes subscrito pola compañía de transporte.
Expresamente o viaxeiro asume as condicións estipuladas pola devandita compañía.
A hora de saída da viaxe de regreso serán as 23 horas ( excepto se houbese prórroga que sería ás 23:15 horas, ou fraccións de 15 minutos por cada tempo extra adicional).
A SAÍDA EFECTUARASE Á HORA PROGRAMADA sen demora por causa algunha ou ausencia do viaxeiro. Os menores de idade terán que ser acompañados obrigatoriamente por un adulto.
No caso de que o partido se suspenda ou ben o transporte non chegase á hora do inicio do partido por causas alleas ao Club, este último exímese de responsabilidade.